RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor colle ritmo cun interesante test en Carballo

O Deportivo continúa co seu plan de pretemporada co segundo amigable, hoxe sábado no campo das Eiroas de Carballo, ante o Bergantiños.

Como é habitual nesta fase inicial, Natxo González aliñou a dous onces en cada parte, xa de 45 minutos cada unha.

Na primeira parte, o marcador abriuno un gol de Guilherme após unha boa entrada por banda de Blas que recibiu de Álex para ceder ao remate do brasileiro chegando desde atrás na frontal da área pequena.

Dada a diferenza de categoría, o Dépor foi o dominador do xogo ante un bo rival, un Bergantiños con moitos xogadores formados na canteira deportivista: Marcos Caridad, Rubén Rivera, Cano...

Dous disparos afastados, de Guilherme e Pedro Sánchez, foron o máis destacado. En área deportivista Dani Giménez resolveu ben o pouco traballo que tivo.

Na segunda metade, o técnico deportivista fixo debutar ás dúas últimas incorporacións: Ortolá en portería e Quique González no ataque, caído a banda esquerda.

Un gol de Uxío de espléndida cabezada a centro de Carles Gil foi o máis sobresaliente. O Bergantiños foise quedando sen gasolina co transcurso dos minutos e, minguado co carrusel de cambios, apenas inquietou a Ortolá.

O amigable pechouse co terceiro tanto do Dépor, obra de Quique González, que desta forma estréase como goleador deportivista cun gol de espuela após asistencia do seu homónimo Fornos.

RC Deportivo:

Primeira parte: Dani Giménez; Blas, Bóveda, Pablo Marí, Saúl, Álex Bergantiños, Mosquera, Guilherme, Pedro Sánchez, Fede Cartabia e Christian Santos.

Segunda parte: Ortolá, Quique Fornos, Sidnei, Mujaid, Dubarbier, Gaizka, Edu Expósito, Diego Caballo, Carles Gil, Uxío e Quique González.

Bergantiños FC:

Cristopher, Rubén Balsa, Aarón, Marcos Caridad, Marcos Rodríguez, Pablo Agulló, Jorge Cano, Diego Fernández, Rubén Rivera, Pablo Losada, Cañi. Tamén xogaron: Jorge Saez, Granada, Jacobo Lois, Borja Facal, Baleado, Buggi, Toni, Martín Pereira, Darío Gontán e Sergio Capelán.

Árbitro: Sergio Espasandín (colexio galego). Amoestou ao xogador local Marcos Rodríguez.

Goles: 0-1, Guilherme (min. 39); 0-2, Uxío (min. 70); 0-3, Quique González (min. 87).

Incidencias: Segundo partido de pretemporada do Dépor disputado nas Eiroas. Antonio Bouza, ex xogador do Dépor na temporada 1954-55 e natural de Carballo, fixo o saque de honra e recibiu o agarimo da bancada abarrotado das Eiroas.