RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

"O Dépor di NON á violencia de xénero"

Con motivo do próximo 25 de novembro, o RC Deportivo súmase ao Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres coa lectura dun manifesto a cargo de Óscar Gilsanz e de Irene Ferreras.

O acto, que tivo lugar na sala de prensa de Abegondo, contou coa presenza de Roberto García, Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Coruña, quen explicou que se trata de "unha campaña que desde a Xunta de Galicia desenvolvemos todos os anos para visualizar a igualdade no deporte". "É importante que este tipo de persoas, adestradores que estades á fronte e que liderades equipos como o Deportivo, acompañédesnos nesta campaña", engadiu.

A continuación, en castelán e galego, tomaron a palabra os dous técnicos "para que cada meniña, cada muller, atope neste deporte un espazo seguro" e "para que cada niño, cada hombre, sea educado en los valores del respeto y la igualdad".

"O DÉPOR DI NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO", afirmaron ao unísono Óscar Gilsanz e Irene Ferreras.

Finalmente, nos partidos en ABANCA-RIAZOR do Dépor ABANCA ante o RCD Espanyol deste domingo 17 e do Dépor ante o Sporting de Gijón do domingo 24 de novembro, os capitáns deportivistas portarán un brazalete negro en memoria das vítimas da violencia de xénero e as súas familias.