RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
DÉPOR GENUINE

O Dépor Genuine conta a súa experiencia na Universidade da Coruña

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos, dentro do programa 'Espazo compartido' da Universidade da Coruña (UDC), destinado a persoas con DI, acolleu unha charla divulgativa na que a xogadora do Dépor Genuine Alexandra López 'Sasha' contou aos estudantes a súa experiencia inclusiva a través do deporte e máis concretamente do fútbol e do Dépor Genuine.

Os 17 alumnos de 'Espazo Compartido' puideron coñecer de primeira man os proxectos que a Fundación RC Deportivo leva a cabo co colectivo de persoas con DI (Escola para persoas con Diversidade Funcional e Dépor Genuine). Posteriormente, abriuse un espazo de intercambio de opinión entre o alumnado e os representantes da Fundación RC Deportivo.

O próximo 17 de marzo de 2023 terán lugar unhas xornadas prácticas cos estudantes do programa 'Espazo Compartido' nas instalacións deportivas da UDC no campus de Elviña.