RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

O Deportivo, exemplo de inclusión en Portugal polo Proxecto Escoita

O RC Deportivo participou esta fin de semana nun evento celebrado no majestuoso Palácio do Freixo, do Porto. Nun espazo único onde tecnoloxía, innovación e sociedade confluíron para tratar de transformar o futuro, o RC Deportivo foi eloxiado como exemplo de club inclusivo polo Proxecto Escoita, unha iniciativa dirixida a romper barreiras para as persoas con limitacións visuais.

O director corporativo do RC Deportivo, Jan Wappler, foi o representante do Club nun ambiente exclusivo e deseñado para o intercambio de ideas, onde se explicou como a tecnoloxía está a impactar nas persoas, revolucionando a maneira de gozar e percibir o deporte. "A nosa afección é o noso maior tesouro e temos a responsabilidade de coidala, sabendo tamén que hai unha gran diversidade entre o que é a afección máis leal de España. Este cualificativo aválao o fito de que este ano imos superar os 30.000 abonados e logrouse unha enorme unión entre a afección e o Club, sobre todo os últimos anos. O desenvolvemento e a implementación de novas tecnoloxías é clave no noso proxecto para seguir fomentando esa conexión e garantir a proximidade ao afeccionado", destacou Jan, quen incidiu na importancia que o Proxecto Escoita representa para o Club por ser unha iniciativa pioneira en LaLiga: "Sendo Escoita un proxecto pioneiro no futbol español no momento do lanzamento durante o pasado verán, a implementación por parte doutros equipos demostra a importancia, a relevancia e o éxito deste proxecto de inclusión con carácter de responsabilidade social corporativa".

O evento tamén contou coa participación de personalidades como o Director de Tecnoloxía da Federação Portuguesa de Futebol, así como representantes do FC Porto e SL Benfica, ademais de representantes de empresas tecnolóxicas como Microsoft.