RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo recibiu este mércores a visita da Oficina de Clubs de LaLiga

O RC Deportivo recibiu este mércores a visita da Oficina de Clubs de LaLiga. As oito verticais do departamento liderado por Jaime Blanco mantiveron diversas reunións de traballo cos respectivos departamentos do Club. 

A xornada de traballo serviu para que os directores e responsables de área do RC Deportivo e os expertos da Oficina de Clubs analizasen a evolución do noso Club e os múltiples proxectos estratéxicos que ten por diante.

A Oficina de Clubs traballa xunto aos equipos asesorando no desenvolvemento dos seus proxectos estratéxicos, detección de innovacións da industria do deporte e impulsando iniciativas. 

Nas sesións de traballo deste mércores, que contaron coa presenza do Conselleiro Delegado do Club, Massimo Benassi, participaron os responsables dos departamentos de Infraestruturas e Negocio, Tecnoloxía, Internacional, Comunicación, Comercial e Mercadotecnia, Recursos Humanos, Marca e Estratexia Dixital.