RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

O Comité Galego de Adestradores premia a Imanol Idiakez, Manuel Pablo e Óscar Orro

O Comité Galego de Adestradores que dirixe Iván Cancela outorgou a súa máxima distinción da temporada 2023-24 a Imanol Idiakez, técnico do Dépor; Manuel Pablo, técnico do Xuvenil A de División de Honra; e Óscar Orro, responsable do Dépor ABANCA B de Tercera Federación.

Ao acto, desenvolvido na sala de prensa de Abegondo, asistiron tamén Carlos Ballesta, conselleiro do RC Deportivo; e Juan Villamisar, vicepresidente da Federación Galega de Fútbol.

Iván Cancela felicitou aos adestradores branquiazuis "polos éxitos deportivos pero tamén darlles o parabén polos valores que transmiten. Son un exemplo, un reflexo para todo o estamento de adestradores galegos e tamén nacionais".

O máximo responsable dos técnicos galegos quixo "facer extensivo este galardón aos seus staff e tamén ao RC Deportivo. Estes éxitos son froito do traballo en equipo, dun bo traballo e de moito traballo".

Imanol Idiakez, Manuel Pablo e Óscar Orro recibiron o trofeo e, ademais, unha camiseta da selección galega co seu nome.