RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

As entradas de público para o partido ante o Málaga CF unicamente poderanse adquirir por internet

As entradas de público para o partido deste domingo 6 de outubro ás 14:00 fronte ao Málaga CF en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 8ª xornada en LaLiga Hypermotion, pódense adquirir en calquera momento e unicamente a través da páxina bancada.rcdeportivo.es.

Xa que o encontro foi declarado de alto risco pola Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte non se venderán entradas o mesmo día do partido nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor, que abrirá ás 12:00 só para atender incidencias de abonados e abonadas.

Os prezos oscilan entre os 135 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 35 euros de Marathón Superior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior. 

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.