RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Irene Ferreras: "Tense moita ilusión por sumar eses tres primeiros puntos"

Irene Ferreras compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo a modo de previa ao enfrontamento contra o FC Levante Badalona deste domingo 6 de outubro ás 18:00 (Dazn). A técnica saca "sensacións moi positivas" do seu partido de Copa de la Reina e apunta que, a pesar da diferenza de categoría, ese tipo de partidos "véñennos moi ben para gañar confianza".

Ferreras sinala a importancia de contar con Marina Artero: "Compleméntanos moi ben as posicións de central e mediocentro"; e sostén que o estado do equipo é "cada día un pouco mellor".

Mostra moitas ganas da primeira vitoria na Liga F: "Tense moita ilusión por sumar eses tres primeiros puntos". A propia Irene Ferreras confesa que sente "moi tranquila"; con todo, tamén fai autocritica e resalta a marxe de mellora na velocidade de execución e na posesión.

En relación ao rival, o FC Levante Badalona, Irene comenta que é un "equipo moi veterano que compite moi ben". Resalta a súa "orde" e a súa "verticalidad".

Finalmente, a adestradora das Nosas non perde a oportunidade de seguir destacando a fortuna de xogar en ABANCA-RIAZOR e a unión con #ANOSAFORZA.