RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Mfulu espera ante o Málaga CF un ABANCA-RIAZOR "espectacular. É do mellor que vin"

Omenuke Mfulu foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

Ante o partido deste domingo 6 de outubro ante o Málaga CF (LaLiga TV Hypermotion) espera un ABANCA-RIAZOR "espectacular. É do mellor que vin, do mellor onde xoguei. #ANOSAFORZA é espectacular. Hai poucas cousas que dicir. É de Primeira".

Destaca que o Dépor "é un club histórico, un gran club e #ANOSAFORZA demóstrao cada fin de semana". 

Do choque ante o Albacete Balompié, o mediocentro branquiazul mostrouse "contento polo resultado, por debutar de inicio. E a seguir así". "Atopeime ben con Villares, que xoguei con el; pero cada vez que xoguei cun compañeiro funcionou. Sentín ben física, mentalmente", engadiu.

Lembra que é o tipo de futbolista que "tenta parar as ocasións rivais e pór un pouco de agresividade no medio do campo. Tento facelo para axudar".

Cunha feroz competencia nesa zona do campo con futbolistas como Villares, Jose Ángel, Jaime... admite Mfulu que "somos moitos para xogar aí. É importante nun cadro ter varias opcións e moitos xogadores para axudar ao equipo a conseguir o que queremos".

Opina que o resultado no Estadio Carlos Belmonte "tranquilízanos. Necesitabamos unha vitoria así, ademais con moitos goles. Estamos contentos pero isto é só un partido. Xa estamos centrados no próximo".

Finalmente preguntado por Yeremay, apunta que "é moi bo xogador a todos os niveis. Agora está a ter unha definición que foi perfecta no último partido. Regatea moi ben, vino desde o primeiro día que cheguei. Ten moito talento. Agora ten que seguir traballando para seguir sendo o xogador importante para nós".