RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

ADT asegura que no regreso á Liga F "estamos a sentirnos moi cómodas"

ADT pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo antes do adestramento do Dépor ABANCA.

Cre que no regreso do equipo á máxima categoría do fútbol feminino español "estamos a sentirnos moi cómodas. Unha pena non poder sumar máis 3 contra o Athletic, pero as sensacións de todo o equipo foron moi, moi boas. Cada vez nós vemos que está máis preto o máis 3, que estamos a traballar moi ben. O equipo está cómodo".

De cara ao partido deste domingo 6 de outubro ás 18:00 (Dazn) no Municipal de Badalona ante o FC Levante Badalona asegura que As Nosas están centradas "en facer as cousas ben, en levar o plan de partido ao máximo e conseguir iso que nos pide Irene para poder facerlles dano e conseguir ese máis 3".

Ve factible lograr a primeira vitoria en liga despois de 2 empates e 2 derrotas: "É o noso principal obxectivo e estamos xa traballando para iso".

Admite que "non estamos a conseguir ese máis 3 que tanto queremos, pero as sensacións do equipo están a ser boas, que creo que é o máis importante e cada vez estamos máis preto".

Do partido copeiro en Gijón a dianteira deportivista indica que "a primeira parte custounos un pouco máis, pero unha vez entrounos o primeiro de Oriana (Altuve), foi xa todo rodado e foron todos os goles para dentro".

A nivel persoal, ADT ten claro que "os minutos que me dea Irene téñoos que aproveitar. Dáme igual que me dea 10, 15, 20, que que me saque de titular. O que me dea vouno a aproveitar ao máximo".

A futbolista branquiazul advirte que "saíndo de suplente tes que, en canto saes, estar ao 100%, dar o máximo porque sabes que non tes tampouco moito tempo, que o partido xa está bastante rodado. Teño que entrar ao 100% para poder achegar algo nos minutos que teño".

Finalmente, sobre xogar en ABANCA-RIAZOR, opina que "é unha motivación extra para todas. Cada vez que imos xogar alí estamos todas con ese plus de ter a #ANOSAFORZA preto, de que vén moita xente a vernos e estamos moi agradecidas. A nós dános un apoio desde dentro ver que hai tanta xente apoiando e tirando do carro cando as cousas non saen tan ben ou cando necesitamos ese impulso".