RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Ensaio xeral no campo 3 con todo o cadro no céspede

Despois da xornada de recuperación activa de onte xoves, Imanol Idiakez realizou esta mañá no campo 3 de Abegondo un ensaio xeral de cara ao encontro ante o Málaga CF previsto para este domingo 6 de outubro ás 14:00 en ABANCA-RIAZOR (LaLiga TV Hypermotion).

Todo o cadro estivo ás ordes do técnico deportivista, que arrincou a xornada na sala de vídeo e a continuación no campo 2 cunha activación con roda de pases.

En rolda de prensa, o preparador branquiazul explicou que "o único que temos a día de hoxe un pouquiño en dúbida é Petxarromán. O resto (en referencia a Ximo e a Jose Ángel), a semana era moi longa e por precaución parámolos o outro día pero adestraron ben. Bouldini fixo tamén toda a semana, sobre todo a parte final. E Escudero está a traballar co equipo e cada vez ten mellores sensacións".

Precisamente sobre o lateral zurdo desvela que para o seu regreso a unha convocatoria ten pendente unha conversación con el: "Vai depender moito das súas sensacións, da súa seguridade para saír a un campo. Non é o mesmo adestrar que xogar. No partido non te podes gardar nada. A priori son optimista e se non fóra esta semana, está cerquiña".

Imanol Idiakez vaticina que Escudero "vai ser un futuro adestrador. Ten toda a pinta. É un mozo que ten un hábito profesional espectacular e que a pesar da lesión estivo aí traballando cos compañeiros axudándolles e axudándonos a todos. É unha boa noticia que estea preto e iso tamén nos fará máis fortes".

Mañá sábado, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 11:00, na última sesión previa ao encontro ante o Málaga CF.