O Dépor ABANCA viaxa este sábado á primeira hora da mañá a Badalona coa única baixa de Henar
O Dépor ABANCA pon este sábado 5 de outubro á primeira hora da mañá rumbo a Badalona coa única baixa de Henar, na parte final da súa recuperación.
aEn rolda de prensa, Irene Ferreras explicou este mediodía en Abegondo que a mediocentro asturiana "hoxe xa realizou algunha tarefa co grupo. Cousa que é unha gran noticia".
Confirma que Bárbara "sufriu uns problemas musculares a semana pasada. Por iso non entrou no último partido. Hoxe exercitouse con normalidade, ten boas sensacións e está dispoñible. Conto con ela e esperemos que poida ter participación".
Esta mañá, As Nosas adestráronse no campo de herba sintética de Abegondo, da mesma superficie que o Municipal de Badalona, escenario do encontro ante o FC Levante Badalona do domingo 6 de outubro ás 18:00 (Dazn), correspondente á 5ª xornada na liga F.
Dado que o Dépor ABANCA desprázase á primeira hora da mañá, o último adestramento previo ao choque ante as catalás será no propio Municipal de Badalona, escenario do partido, este sábado ás 13:00 horas.
O plan de viaxe das Nosas é o seguinte:
Sábado 5 de outubro 9:50: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino ao Aeroporto de Barcelona - Josep Tarradellas 11:30 (horario aproximado): Chegada a Barcelona 13:00: Adestramento no Municipal de Badalona Ao concluír, aloxamento no Hotel Badalona Tower
Domingo 6 de outubro 18:00: FC Levante Badalona - Deportivo ABANCA, no Municipal de Badalona Ao concluír, traslado ao hotel Sercotel Sant Boi
Luns 7 de outubro 7:30: Saída do voo do Aeroporto de Barcelona con destino ao Aeroporto da Coruña 9:20 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto da Coruña 11:00: Entremiento en Abegondo