RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
INFANTIL A

O Infantil, xa con vantaxe desde o minuto 1, supera ao Pabellón Ourense CF para seguir á fronte da táboa

O Infantil superou en Abegondo (5-0) ao Pabellón Ourense CF en partido correspondente á 7ª xornada na División de Honra.

Os branquiazuis saíron moi enchufados ao campo e xa mandaban no marcador ao minuto de xogo grazas a un gol de Nikolay.

Nikolay de novo, Sergio Cortizo, Raúl e Picallo completaron o resultado para o equipo que dirixe Borja Souto, líder da categoría con 21 puntos, con 2 puntos de vantaxe sobre o RC Celta, 2º con 19.

Infantil: Daniel Suárez, Javi Seoane, Guille, Esteban Ruiz, Nikokay, Daniel López, Miguel, Picallo, Sergio Cortizo, Raúl e Gabri. Tamén xogaron: Lucas López, Daniel, José Quiroga, Iago Varela e Antón Caamaño.

A próxima semana non haberá xornada de liga. Así pois, o seguinte partido para o Infantil será o 11 ou 12 de novembro en Pontevedra fronte ao AJ Lérez.

Os resultados até a data do Infantil son os seguintes:

CD Lugo 1 - Infantil 5 (Raúl -2-, Sergio Cortizo -2- e Picallo)
Infantil 6 (Sergio Cortizo -4-, Antón e Nico) - EF Portero '2000' 1
Infantil 6 (Picallo, Sergio Cortizo -2-, Antón Caamaño e Miguel) - CD Areosa 1
Victoria CF 0 - Infantil 6 (Sergio Cortizo -2-, Miguel, Raúl, Gabri e Picallo)
Infantil 5 (Miguel -3-, Antón e Raúl) - San Tirso SD Infantil 0
ED Val Miñor Nigrán 1 - Infantil 4 (Sergio Cortizo -3- e Raúl)
Infantil 5 (Nikolay -2-, Sergio Cortizo, Raúl e Picallo) - Pabellón Ourense CF 0