O Orillamar SD será o rival do Orzán SD Xuvenil Femenino nos oitavos de final da Copa da Coruña
O Orillamar SD, equipo que milita na Tercera Autonómica, será o rival do Orzán SD Xuvenil Femenino nos oitavos de final da II edición da Copa da Coruña segundo o sorteo celebrado na Federación Galega de Fútbol.
A eliminatoria, a partido único, xogarase o próximo 12 de maio.
O vencedor medirase en cuartos de final, o 19 de maio, ao gañador do encontro entre o Sporting Burgo e o Xuventude de Crendes.
O Orzán SD Xuvenil Femenino foi o campión da I edición após derrotar (2-0) ao Victoria CF B o pasado 8 de xuño de 2023 na final disputada en ABANCA-RIAZOR, con dobrete da internacional Lucía Rivas.