RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ORZÁN SD

O Orzán SD B sub-16 Femenino inicia a Segunda Autonómica con derrota pola mínima en Pastoriza

O Orzán SD B sub-16 Femenino comezou a súa andaina na Segunda Autonómica cunha derrota (2-1) pola mínima en Pastoriza ante o SCD Pastoriza.

O partido púxose costa arriba cun 2-0 pero as orzanistas reaccionaron no tramo final do choque, recortaron diferenzas cun gol de Daniela Macedo e mesmo gozaron de ocasións para igualar o marcador.

Orzán SD B sub-16 Femenino: Paula Bermúdez, Mar Vázquez, Sofía de la Viuda, Tania Taboada, Teresa Figueiras, Noela García, Daniela Macedo, Alba Monteserrín, Valeria Montero, Sara Montes e Sila Santiso. Tamén xogaron: Carmen Espadas, Nadia Bernabé, Yasmin Dahmouni e Noa Cardeñoso. 

A próxima fin de semana, o Orzán SD B sub-16 Femenino recibe na Coruña ao Atlético San Pedro.