O RC Deportivo colabora coa Fundación Stop Leucemia e a súa campaña #elpoderdelaciencia
A Fundación RC Deportivo colabora coa Fundación contra o cancro hematolóxico Stop Leucemia na súa campaña #elpoderdelaciencia.
A través de cuncas negras que revelan o seu deseño de investigadora e investigador cando se quentan, a Fundación busca unha serie de obxectivos: - Visibilizar as profesións científicas - Achegar o mundo STEM @s nen@s - Concienciar da necesidade da investigación - Visibilizar os ODS 8 Traballo decente e crecemento económico e ODS 5 Igualdade de xénero e ODS 4 Educación de calidade
O deseño da cunca foi realizado por Sonia Crespo, deseñadora das ilustracións do libro Cumprevidas dunha mamá con leucemia.
O custo da cunca é de 18 euros e o recadado é integramente para a Fundación Stop Leucemia.