O RC Deportivo participou no II Congreso da Alianza Galega polo Clima
O RC Deportivo, representado polo seu Director Corporativo Jan Wappler, acaba de participar na II Conferencia da Alianza Galega polo Clima, clausurada polo Presidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda.
Entre os participantes figuraron a Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez; a Directora Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría; ou a Xerente de Responsabilidade Social e Sostibilidade de ABANCA, María García; entre outras personalidades e especialistas.
Algúns dos temas tratados foron "talento e coñecemento como factores crave para a competitividade climática" ou "mentoring e innovación aberta para a neutralidade climática".
O RC Deportivo asinou a adhesión á Alianza Galega polo clima en 2022 e converteuse así na primeira institución deportiva que se adhire ao pacto impulsado pola Xunta de Galicia que ratificaron empresas, institucións, universidades e autoridades portuarias para afrontar de forma colectiva o desafío do cambio climático.
Coincidindo con esta adhesión, o Club, da man de Kappa, puxo en marcha a campaña "Unha camiseta, unha árbore". Con ela, ambas as entidades comprometéronse a plantar unha árbore por cada camiseta do modelo Galicia Verde que se vendese a través das DéporTiendas ao longo desa temporada 2022-23. Así, cada camiseta vendida de Galicia Verde significou unha árbore plantada nas provincias de Galicia máis afectadas os incendios forestais.
Os compromisos adquiridos inclúen asumir as liñas estratéxicas que se marcarán anualmente, ademais de establecer accións dirixidas á mitigación do cambio climático en Galicia; fomentar o intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica ou xurídica sobre esta materia; promover e apoiar a investigación; ou impulsar o desenvolvemento e a difusión de tecnoloxía para a transición cara a sistemas de enerxía de baixas emisións.