A Fundación RC Deportivo abre unha convocatoria de Mobilidades Erasmus para persoal experto
A Fundación Real Club Deportivo da Coruña SAD realiza unha convocatoria para seleccionar un experto para participar nun programa de mobilidade internacional Erasmus+ KA171 impartindo docencia en facultades de deportes de institucións de educación superior de Albania na seguinte área:
-Deseño e xestión de proxectos educativos internacionais
Obxectivo da Convocatoria Esta convocatoria ten como finalidade o dotar ás organizacións de educación superior de Albania e ao seu persoal de coñecementos e competencias relacionados co deseño e xestión de proxectos educativos de carácter internacional aplicables no mundo do deporte.
O participante seleccionado realizará unha mobilidade á institución de educación superior de Albania Marin Barleti SHA durante o presente curso académico. As datas serán acordadas posteriormente.
Requisitos de Participación O experto deberá cumprir os seguintes requisitos:
-Ser persoal dunha organización pública ou privada (á que non se concedeu unha ECHE) que se atope activa no mercado de traballo ou nos ámbitos da educación, a formación, a mocidade, a investigación e a innovación. -Ter coñecementos e experiencia demostrada a área sinalada máis arriba: deseño e xestión de proxectos educativos internacionais -Ter coñecementos da lingua inglesa, lingua na que se impartirá a docencia.
Criterios de Selección A selección realizarase en base aos seguintes criterios: -Nivel de coñecementos e experiencia demostrada na área sinalada: Deseño e xestión de proxectos educativos internacionais -Experiencia en deseño e participación en proxectos educativos internacionais. -Dominio da lingua inglesa
Duración e Condicións da Mobilidade -A mobilidade terá unha duración de entre 7 e 12 días, incluíndo os días de traballo real e 2 días considerados como a duración da viaxe. -A mobilidade realizarase durante o curso académico 2024-2025. -Os participantes recibirán financiamento para cubrir os gastos de viaxe e estancia conforme á normativa do Programa de Mobilidade KA171 no marco do Programa Erasmus+.
Proceso de Selección As solicitudes deben ser enviadas a fundacion@rcdeportivo.es antes do 06/11/2024 e serán avaliadas por un comité de selección de acordo cos criterios mencionados antes do 7 de novembro de 2024. Notificarase persoalmente aos seleccionados mediante correo electrónico.