Presentado o DéporCampus Cabreiroá de Nadal en Sada
As instalacións do Sada CF acolleron a presentación do DéporCampus Cabreiroá de Nadal que terá lugar no campo das Mariñas.
O acto tivo lugar coa presenza de José Manuel García Duro, presidente do Sada CF; Martín Díez Ramos, coordinador de fútbol basee; Alejandro Vidal, Responsable da Área Social do RC Deportivo; Sergio Maurente, Coordinador do Programa Local da Fundación RC Deportivo; e Jacobo Saco, Adxunto á Coordinación do Programa Local.
As datas deste DéporCampus Cabreiroá de Nadal serán os días 23, 26 e 27 de decembro; e nesta actividade da Fundación RC Deportivo poderán participar todos os nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos en horario de 10:00 a 14:00 horas. Todos os participantes recibirán un equipamento oficial dos DéporCampus Cabreiroá, ademais dos diferentes sorteos de agasallos, actividades sorpresa...
Para calquera dúbida ou consulta coa inscrición poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.
Debido á limitación de prazas e a demanda para estas actividades de nadal, recoméndase non demorar a inscrición a todos aqueles nenos e nenas que queiran participar nestas xornadas apaixonantes de fútbol con diversas actividades, novas amizades e moito deportivismo.