RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
SAN TIRSO SD

O San Tirso SD Cadete aperta pero perde pola mínima no campo dun dos poderosos, o CD Conxo Santiago

O San Tirso SD Cadete apertou ao CD Conxo Santiago pero dobrou o xeonllo (1-0) no campo da Merced ante un dos poderosos da División de Honra.

Co resultado deste encontro correspondente á 13ª xornada, o conxunto de Kata Sicardi é 14º na táboa con 10 puntos.

San Tirso SD Cadete: Carlos, Joaquín, Sergio Míguez, Adrián, Ander, Mauro, Nico, Gael, Guille, Borja e Xoel. Tamén xogaron: Diego, Samba, Pablo Crespo, Héctor e Roi.

O San Tirso SD Cadete pechará 2023 a próxima fin de semana no Monte ante o CD Lugo.

Os resultados do San Tirso SD Cadete até a data son os seguintes:

San Tirso SD Cadete 1 (Gael) - CD Areosa 2
Victoria CF 0 - San Tirso SD Cadete 2 (Pablo e Gael)
San Tirso SD Cadete 0 - ED Xuventude de Oroso 1
Pabellón Ourense CF 1 - San Tirso SD Cadete 1 (un futbolista rival en propia meta)
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - San Tirso SD Cadete 0
San Tirso SD Cadete 1 (Antón Sánchez) - RC Celta 3
Arosa SC 1 - San Tirso SD Cadete 0
San Tirso SD Cadete 0 - ED Val Miñor Nigrán 1
Coruxo FC 1- San Tirso SD Cadete 3 (Guille, Samba e Héctor)
San Tirso SD Cadete 2 (Héctor e Gael) - Ural Español CF 4
Salgueiriños CF 3 - San Tirso SD Cadete 2 (Gael e Guille)
San Tirso SD Cadete 2 (Nico e Héctor) - UD Ourense 1
CD Conxo Santiago 1 - San Tirso SD Cadete 0