RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
SAN TIRSO SD

O San Tirso SD Cadete compite de ti a ti ao líder Dépor aínda que sae derrotado de Abegondo

Lombeirada anímica para o San Tirso SD Cadete na súa visita ao líder da División de Honra, o Dépor. 

Os 'verdes' puxeron en serios aprietos (4-2) aos branquiazuis en Abegondo, sobre todo na primeira metade deste encontro correspondente á 15ª xornada, primeira do ano 2024.

Pablo Crespo e Gael foron os goleadores do equipo que prepara Kata Sicardi.

Con este resultado, o San Tirso SD Cadete mantense na 15ª posición da táboa con 10 puntos.

San Tirso SD Cadete: Diego, Joaquín, Sergio Míguez, Adrián, Antón, Ander, Mauro, Gael, Pablo Crespo, Borja e Samba. Tamén xogaron: Héctor, Nico, Sabino e Xoel.

A próxima fin de semana o San Tirso SD Cadete recibe ao Rápido de Bouzas, un rival directo.

Os resultados do San Tirso SD Cadete até a data son os seguintes:

San Tirso SD Cadete 1 (Gael) - CD Areosa 2
Victoria CF 0 - San Tirso SD Cadete 2 (Pablo e Gael)
San Tirso SD Cadete 0 - ED Xuventude de Oroso 1
Pabellón Ourense CF 1 - San Tirso SD Cadete 1 (un futbolista rival en propia meta)
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - San Tirso SD Cadete 0
San Tirso SD Cadete 1 (Antón Sánchez) - RC Celta 3
Arosa SC 1 - San Tirso SD Cadete 0
San Tirso SD Cadete 0 - ED Val Miñor Nigrán 1
Coruxo FC 1- San Tirso SD Cadete 3 (Guille, Samba e Héctor)
San Tirso SD Cadete 2 (Héctor e Gael) - Ural Español CF 4
Salgueiriños CF 3 - San Tirso SD Cadete 2 (Gael e Guille)
San Tirso SD Cadete 2 (Nico e Héctor) - UD Ourense 1
CD Conxo Santiago 1 - San Tirso SD Cadete 0
San Tirso SD Cadete 0 - CD Lugo 2
Deportivo 4 - San Tirso SD Cadete 2 (Pablo Crespo e Gael)