RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
SAN TIRSO SD

O San Tirso SD Cadete logra ante o Racing de Ferrol o seu segundo triunfo consecutivo na División de Honra

Coa súa vitoria ante o Racing de Ferrol (1-2), o San Tirso SD Cadete logrou o seu segundo triunfo consecutivo na División de Honra.

Borja puxo por diante aos 4 minutos de xogo aos 'verdes'. Os racinguistas lograron a igualada no minuto 70 pero un gol de Sabino no 78 despois de saltar ao campo 4 minutos antes outorgou 3 puntos valiosos ao equipo que prepara Samuel Montoto.

Co resultado deste partido correspondente á 17ª xornada, o San Tirso SD Cadete suma 16 puntos e asómase á zona media da táboa.

San Tirso SD Cadete: Diego, Joaquín, Sergio Míguez, Adrián, Samba, Ander, Borja, Mauro, Pablo Crespo, Nico e Héctor. Tamén xogaron: Gael, Casuso, Xoel e Sabino. 

A próxima fin de semana, o San Tirso SD Cadete arrinca a segunda volta coa visita ao CD Areosa; aínda que antes, Mauro, Samba e Gael están convocados coa selección galega sub-16 para disputar un amigable o vindeiro mércores 24 en Portas ante o Arosa SC da División de Honra xuvenil.

Os resultados do San Tirso SD Cadete até a data son os seguintes:

San Tirso SD Cadete 1 (Gael) - CD Areosa 2
Victoria CF 0 - San Tirso SD Cadete 2 (Pablo e Gael)
San Tirso SD Cadete 0 - ED Xuventude de Oroso 1
Pabellón Ourense CF 1 - San Tirso SD Cadete 1 (un futbolista rival en propia meta)
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - San Tirso SD Cadete 0
San Tirso SD Cadete 1 (Antón Sánchez) - RC Celta 3
Arosa SC 1 - San Tirso SD Cadete 0
San Tirso SD Cadete 0 - ED Val Miñor Nigrán 1
Coruxo FC 1- San Tirso SD Cadete 3 (Guille, Samba e Héctor)
San Tirso SD Cadete 2 (Héctor e Gael) - Ural Español CF 4
Salgueiriños CF 3 - San Tirso SD Cadete 2 (Gael e Guille)
San Tirso SD Cadete 2 (Nico e Héctor) - UD Ourense 1
CD Conxo Santiago 1 - San Tirso SD Cadete 0
San Tirso SD Cadete 0 - CD Lugo 2
Deportivo 4 - San Tirso SD Cadete 2 (Pablo Crespo e Gael)
San Tirso SD Cadete 2 (Gael e un futbolista rival en propia meta) - Rápido de Bouzas 1
Racing de Ferrol 1 - San Tirso SD Cadete 2 (Borja e Sabino)