RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
SAN TIRSO SD

O San Tirso SD Infantil adiántase en Conxo pero acaba derrotado no seu debut na División de Honra

O San Tirso SD Infantil arrincou a División de Honra cunha derrota (5-1) no campo da Merced ante o CD Conxo Santiago.

Os 'verdes' adiantáronse no marcador grazas a un gol de Pablo Gandarela aos 21 minutos pero acabaron caendo ante o poderío físico dos santiagueses, con futbolistas un ano maiores.

San Tirso SD Infantil: Brais Taín, Sergio, Mateo, Daniel, Antón, Manu Alcázar, Hugo Caridad, Thiago Montes, Hugo Ferreiros, Gandarela e Álex Martínez. Tamén xogaron: Roque, Íker Obeso, Javi Barral, Pablo Barral e Cabaleiro.

A próxima fin de semana, o equipo que dirixe Samuel Montoto recibe no Monte ao RC Celta.