RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A gana ao Real Racing Club e defenderá na última xornada o subcampeonato da División de Honra

O Xuvenil A impúxose a domicilio (0-2) a un dos conxuntos da zona alta, o Real Racing Club, e defenderá a próxima fin de semana, na última xornada, o subcampeonato na División de Honra.

Manuel Pablo recibiu en Santander os 'reforzos' de Diego Gómez e Martín Ochoa, os dous futbolistas que estiveron toda a temporada en dinámica do Fabril e que agora, finalizada a liga no filial, regresan ao seu equipo.

Precisamente Martín Ochoa foi un dos goleadores en Santa Cruz de Bezana, ademais de Mardones.

Con este resultado, o Xuvenil A suma 67 puntos por 65 do Sporting de Gijón, terceiro. Por diante, o RC Celta é xa inalcanzable na primeira posición.

Juvenil A: Xavi, Evan, Seydiba, Carreira, Kevin, Baldomar, Martín Ochoa, Diego Gómez, Mardones, Pablo García e Pablo Parada. Tamén xogaron: Pedro, Ogando, Hugo, Martiño e Dani Estévez.

A próxima fin de semana, o Xuvenil A concluirá a liga en Abegondo ante o Ural Español CF, xa descendido.

Os resultados do Xuvenil A en liga até a data son os seguintes:

CD Lugo 1 - Xuvenil A 3 (Hugo Baldomar, Garaboa e Carlos)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Atlético Perines 1
CD Marina Sport 1 - Xuvenil A 2 (Hugo e Kevin)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Sporting de Gijón 1
SD Compostela 1 - Xuvenil A 7 (Kevin -4-, Hugo Baldomar, Martín Ochoa e Garaboa)
Xuvenil A 4 (Álex Delgado, Montero, Kevin e Ogando) - Arosa SC 1
RS Gimnástica de Torrelavega 0 - Xuvenil A 3 (Montero, Kevin e Ogando)
Xuvenil A 3 (Kevin, Vilela e Ogando) - Bansander 0
Real Oviedo 1 - Xuvenil A 2 (Seydiba e Kevin)
Xuvenil A 1 (Álex Delgado) - CD Covadonga 1
Coruxo FC 1 - Xuvenil A 2 (Noah e un futbolista rival en propia meta)
Xuvenil A 3 (Kevin -2- e Carreira) - Deportivo Roces 0
RC Celta 0 - Xuvenil A 1 (Hugo)
Xuvenil A 3 (Kevin, Álex Delgado e Ogando) - Real Racing Club 1
Ural Español CF 1 - Xuvenil A 2 (Kevin e Carreira)
Xuvenil A 1 (Mardones) - CD Lugo 1
Atlético Perines 0 - Xuvenil A 1 (Hugo)
Xuvenil A 2 (Hugo Baldomar e Álex Delgado) - CD Marina Sport 2
Sporting de Gijón 2 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 2 (Kevin e Seydiba) - SD Compostela 1
Arosa SC 2 - Xuvenil A 2 (Kevin -2-)
Xuvenil A 3 (Montero, Noah e Kevin) - RS Gimnástica de Torrelavega 2
Bansander 0 - Xuvenil A 1 (Hugo Baldomar)
Xuvenil A 1 (Seydiba) - Real Oviedo 1
CD Covadonga 0 - Xuvenil A 2 (Ogando e Vilela)
Xuvenil A 1 (Seydiba) - Coruxo FC 0
Deportivo Roces 0 - Xuvenil A 2 (Mardones e Garaboa)
Xuvenil A 2 (Pablo Parada e Garaboa) - RC Celta 3
Real Racing Club 0 - Xuvenil A 2 (Mardones e Martín Ochoa)