O Xuvenil B suma os seus 3 primeiros puntos na liga Nacional
O Xuvenil B derrotou en Abegondo ao CD Lugo B (4-2) e sumou os seus 3 primeiros puntos na liga Nacional, da que é vixente campión.
Os branquiazuis fixéronse co partido grazas aos goles de Héctor -2-, Rubén e un futbolista rival en propia meta.
Xuvenil B: Anxo, Javi Fernández, Sergio, Samuel Fernández, David, Nico Ruiz, Daniel, Lucas, Rubén, Samuel Vázquez e Héctor. Tamén xogaron: Xián, Telmo, Álvaro, Frank e Rodrigo.
A próxima fin de semana, o Xuvenil B visita ao Porriño Industrial FC.