Os futbolistas do Dépor e Dépor ABANCA transfórmanse en Reyes Magos branquiazuis mañá venres 3 de xaneiro
Os Reyes Magos serán branquiazuis mañá venres 3 de xaneiro. Como é tradicional en cada arranque de ano, varios futbolistas do Dépor e do Dépor ABANCA repartirán ilusión, simpatía e agasallos deportivistas entre todos os nenos e nenas que desgraciadamente teñen que pasar estas datas ingresados.
Pablo Martínez, David Mella, Henar e Yohana visitarán o Hospital Quirónsalud A Coruña a partir das 14:30; mentres que Dani Barcia, Mario Soriano, Paula Gutierrez e Marina Artero farán o propio no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera.
A recado que será unha mañá emocionante para os pequenos, as súas familias e o persoal sanitario; que terá continuidade o domingo 5 de xaneiro ás 11:00 cun adestramento a porta aberta até completar a bancada do campo principal da Cidade Deportiva de Abegondo.