Os goles de Alba Suárez e Vero dan o triunfo ao Dépor ABANCA B ante o Orzán
O Deportivo ABANCA B arrancou a Primeira División Autonómica cun triunfo no derbi coruñés ante o Orzán (2-0), grazas aos goles de Alba Suárez e Vero.
O encontro foi moi disputado e decidiuse pola maior puntaría das futbolistas deportivistas.
Deportivo ABANCA B: Miralles, Mar, Alba Pérez, Lara, Ainhoa, Sara Piñeiro, Sofía, Alba Suárez, Antía, Michelle e Vero. Tamén xogaron: Lidia, Noemí, Jessica, Ariana e Sara Iglesias.
O vindeiro domingo, o conxunto branquiazul visita ao CCAR Valladares, na segunda xornada ligueira.