RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ORZÁN SD

Os penaltis apartan ao Orzán SD Xuvenil Femenino da final da Copa da Coruña

A ruleta dos penaltis onte en semifinais ante o Bergantiños CF no campo das Eiroas de Carballo deixou ao Orzán SD Xuvenil Femenino sen final da II edición da Copa da Coruña.

Os dous equipos, rivais até o último partido polo título da Primera Autonómica, empataron (2-2) ao termo do tempo regulamentario e da prórroga cos dous tantos orzanistas obra de Noe Gómez. Nos penaltis que decidiron o pase á final estiveron máis acertadas as carballesas (4-3).

Orzán SD Xuvenil Femenino: Uxía Rabuñal, Paula Martínez, Daniela Agilda, Iria Otero, Laura Santos, Dunia Dahmouni, Yanis Citoula, Olivia, Noe Gómez, Emma Gandoy e Noelia Mayo. Tamén xogaron: Yaiza García, Ivana Fernández, Daniela Macedo, Ana Capelo e Mica Baratelli.

Os resultados do Orzán SD Xuvenil Femenino nesta competición foron os seguintes:

Oitavos de final
Orillamar SD 2 - Orzán SD Xuvenil Femenino 4 (Noe Mayo -2- e Noe Gómez -2-)

Cuartos de final
Sporting Burgo 0 - Orzán SD Xuvenil Femenino 1 (Yanis Citoula)

Semifinais
Bergantiños CF 2 - Orzán SD Xuvenil Femenino 2 (Noe Gómez -2-). A penaltis: 4-3

O Orzán SD Xuvenil Femenino é o campión da I edición da Copa da Coruña Feminina após derrotar (2-0) ao Victoria CF B o pasado 8 de xuño de 2023 na final disputada en ABANCA-RIAZOR, con dobrete da brillante campioa de Europa sub-17 Lucía Rivas.