RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Óscar Cano debuxa ao Dépor para a Copa

Óscar Cano debuxa ao Deportivo que este sábado 12 de novembro ás 17:00 no Municipal Luis Ramos de Guijuelo tentará superar a 1ª eliminatoria de Copa do Rei, a partido único xa que o conxunto salmantino é dunha categoría inferior, Segunda Federación.

O técnico branquiazul non puido contar esta mañá con Ian Mackay e Borja Granero, todos eles con adestramento indivualizado; Pablo Martínez, en casa con febre; e Isi Gómez, que realizou unicamente as primeiras tarefas co grupo e continuou logo co readaptador, Álex Canosa. O madrileño ademais non poderá xogar en Copa ao estar sancionado.

Así pois, o adestrador branquiazul tirou de #ANOSACANTEIRA, coa presenza no primeiro equipo dos fabrilistas Dani Barcia, Brais Val, Ángel Puerto e Mario Nájera, nunha semana na que ademais o filial ten parón ligueiro en Tercera RFEF.

Óscar Cano dispuxo un exercicio de transicións nunha das tarefas principais do día e un partido co plan de xogo para Guijuelo.

Mañá xoves, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30 horas.