RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Ourense non falla á súa cita co DéporCampus Cabreiroá desde 2018

Ourense presentou o seu DéporCampus Cabreiroá o pasado xoves 13 de xuño, froito da colaboración entre o Ourense CF e a Fundación RC Deportivo.

O acto de presentación contou coa participación de Manuel Pérez, xefe do servizo de deportes da Xunta de Galicia en Ourense; Javier Quiroga, director xeral do Ourense CF; Manuel Morgade, director deportivo do Ourense CF; Alejandro Vidal, responsable de área social do RC Deportivo, e Sergio Maurente, coordinador de programa local da Fundación RC Deportivo.

A actividade, que se celebra ininterrompidamente desde 2018, terá lugar entre os días 1 e 5 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00. O campo municipal de Oira será o escenario dun campus destinado a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Ourense e realizar o proceso de inscrición até as 14:00 do martes 25 de xuño nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.