RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

A dixitalización, modernización e retención de talento, claves do éxito do Deportivo 2023-24

Este ano de grandes resultados deportivos debeuse fundamentalmente a unha serie de medidas concretas tanto a nivel colectivo como a nivel individual orientadas á profesionalización e en busca do máximo rendemento na Cidade Deportiva de Abegondo.

Tomando como base a renovación de xogadoras mediante contratos profesionais de longa duración, trabállase na súa formación integral con bolsas para másteres, sala de fisioterapia propia, readaptadora ou psicóloga exclusivas...

Abegondo dispuxo comedores para o Dépor e o Dépor ABANCA con nova cociña orientada a mellorar a nutrición e cun novo proceso de petición de comidas co fin de reducir os desperdicios e mellorar custos.

Finalmente o Club entra de cheo no mundo das novas tecnoloxías coa dixitalizacion do fútbol profesional para a detección de talento e dixitalización da canteira a través dunha nova plataforma metodolóxica.

Estes foron os principais fitos que provocaron un gran ano deportivo: 

-Implementación de contratos profesionais, renovación de xogadoras canteirás e retención de talento con contratos de longa duración e bolsas.
-Formación integral de xogadoras, bolsas para másteres, comedor exclusivo, readaptadora exclusiva, sala de fisioterapia propia e psicóloga exclusiva a partir deste mes de xuño.
-Dixitalización do proceso de petición de comidas, reducindo desperdicios e mellorando os custos xerais
-Reforma dos comedores de DÉPOR e DÉPOR ABANCA cunha nova cociña, mellorando a nutrición e o rendemento 
-Dixitalización do fútbol profesional: novo algoritmo de detección de talento, informes evolutivos cualitativos e cuantitativos, app de valoracións propias e scouting, dixitalización de contratos, análise condicional e control de carga de adestramento 
-Dixitalización da canteira: nova plataforma metodolóxica, dixitalización de tests físicos e avaliación de futbolistas