O RC Deportivo únese á campaña 'O Rosa É Máis que Unha Cor'
Este sábado 19 de outubro celébrase o Día Mundial contra o Cancro de Mama e a Fundación RC Deportivo non dubidou en unirse coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e sumarse á campaña 'O Rosa É Máis que Unha Cor' de concienciación para a loita contra esta enfermidade cuxo foco principal son as mulleres.
Desta maneira o Club levará a cabo unha serie de accións no partido deste sábado 19 de outubro ás 16:15 en ABANCA-RIAZOR fronte ao CD Eldense.
No descanso, dous membros do Consello de Administración do RC Deportivo farán entrega a pé de campo de dúas camisetas a dous representantes da AECC. Ditas camisetas están destinadas a unha poxa cuxos beneficios irán destinados na súa totalidade á asociación.
E o longo de todo o partido, os afeccionados poderán doar a través dun código QR que se facilitará no videomarcador de ABANCA-RIAZOR.
A campaña dá a coñecer unha páxina web, colabora.contraelcancer.es, a través da cal todo aquel que o desexe pode axudar nos distintos proxectos de investigación que a AECC ten en marcha en relación ao cancro de mama; unha enfermidade que sofren en España miles de persoas, 10.000 das cales son atendidas por esta asociación.
Desta forma o RC Deportivo quere mostrar o seu compromiso e axuda para a concienciación e abordaxe integral do cancro de mama, tanto na súa prevención como na súa detección precoz.