Yeremay e Eva Dios reciben o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de setembro do Dépor e Dépor ABANCA
Yeremay Hernández Cubas (10 de decembro de 2002, Las Palmas) e Eva Dios Nieto (A Illa de Arousa, Pontevedra, 4 de Marzo de 2002) recolleron esta mañá na sala de prensa de Abegondo de mans de Manuel Eiroa, responsable de patrocinios Iberia, o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de setembro no seu equipo polas súas actuacións nos partidos de liga ante Racing de Ferrol, Granada CF, Córdoba CF, Burgos CF e Albacete Balompié no caso de Yeremay; e FC Barcelona, Atlético de Madrid, Real Betis Balompié e Athletic Club no caso de Eva.
A terna de finalistas elixidos polos medios de comunicación que cobren a diario a información dos dous equipos branquiazuis foron a formada por Yeremay, Mella e Dani Barcia no caso do Dépor; e Eva Dios, ADT e Millene no caso do Dépor ABANCA.
Nas votacións finais a cargo de #ANOSAFORZA a través das redes sociais do Club, Yeremay foi o elixido no primeiro equipo masculino co 80,4 % dos votos dos afeccionados, por 10,2 % de Mella e 9,4 % de Dani Barcia. No apartado feminino, Eva Dios impúxose por un axustado 46,2 % por 44,9 % para ADT e 8,9 % de Millene.
"É un orgullo sempre recibir este tipo de premios. Representa ao traballo que estamos a facer como equipo", subliñou Eva Dios na súa comparecencia posterior ante os medios de comunicación.