RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

A temporada do dobre ascenso ao fútbol profesional

O RC Deportivo pechou un dos mellores anos deportivos de toda a súa historia, co dobre ascenso ao fútbol profesional do Dépor e o Dépor ABANCA e os grandes resultados de #ANOSACANTEIRA, campioa en practicamente todas as categorías e repleta de internacionais.

O Dépor regresou á LaLiga após catro temporadas na terceira categoría do fútbol nacional. E o Dépor ABANCA volveu á división de honra nacional despois de tres temporadas consecutivas no segundo chanzo.

O primeiro equipo masculino, ademais, deixou dúas novas plusmarcas para a historia.

Os branquiazuis asinaron a mellor temporada da súa existencia como visitante, con 38 puntos en 19 partidos, unha media de 2 puntos. Os mellores números databan do curso 1967-68, con 20 puntos en 15 xornadas (cando as vitorias valían 2 puntos), que serían 28 en caso de 3 puntos por vitoria. Ou o que é o mesmo, 1,87 puntos por encontro.

Ademais, lograron o seu mellor serie sen perder en Liga, con 21 encontros consecutivos, os 19 da segunda volta máis os 2 da Final de Campións de Primera Federación.

O primeiro equipo feminino logrou o segundo ascenso da súa historia á máxima categoría nacional, despois dunha temporada na que só perdeu 2 choques e chegou a encadear 15 xornadas sen coñecer a derrota.

#ANOSACANTEIRA tamén foi protagonista. Desde o Fabril, que se mantivo en Segunda Federación após o ascenso da pasada campaña cunha alta porcentaxe de xogadores procedentes das categorías inferiores e achegou futbolistas importantes ao primeiro equipo, até os equipos benjamines.

Os conxuntos branquiazuis gañaron practicamente todas as ligas que disputaron. O Xuvenil A proclamouse campión do grupo 1 de División de Honra por quinta vez na súa historia e disputou por sexta vez a Copa de Campións. O Xuvenil B liderou o grupo 1 de Liga Nacional. O Cadete A e o Infantil A levantaron o título da súa respectivas División de Honra. E o Benxamín A impúxose na final pola coroa galega da categoría ao RC Celta de Vigo.

O gran traballo realizado en Abegondo viuse recompensado igualmente con 7 convocados e 6 convocadas para seleccións nacionais: 9 con España, 2 con Marrocos e 2 con Venezuela. Os maiores éxitos protagonizáronos Lucía Rivas, campioa de Europa sub-17 con España, e Michi Apóstolo, que logrou con Venezuela a clasificación para a Copa do Mundo sub-20.

Ademais, creáronse novas estruturas para a mellora do rendemento, como o departamento de ámbito conductual, e a reestruturación tanto do proxecto para a canteira como do proxecto internacional de xogadores estranxeiros.

Estes foron os principais fitos deportivos da Temporada 2023-2024:

- Dépor: Ascenso, mellor temporada da historia fóra de casa (38 puntos en 19 partidos) e 21 partidos sen perder 
- Dépor ABANCA: Ascenso por segunda vez á máxima categoría do fútbol español
- Fabril: Permanencia en Segunda Federación cun 60 % de xogadores procedentes de categorías inferiores e presencia clave nos éxitos do primeiro equipo
- #ANOSACANTEIRA: Campións de liga en catro do cinco categorías de idade (Xuvenil A e B, Cadete A, Infantil A e Benxamín A)
- 13 canteiráns e canteirás internacionais en categorías inferiores con diversos países: Mella, Kevin, José Rei, Pablo García Taboada, Amin, Álex Delgado, Mauro Valeiro, Lucía Rivas, Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Dunia Dahmouni e Michi Apóstolo
- Creación do departamento de Ámbito Conductual / Motivacional. Psicólogo dedicado ao rendemento do primeiro equipo. Reestruturación do proxecto para a canteira (residencia, valores, estudos e psicoloxía)
- Reestruturación do proxecto internacional de xogadores estranxeiros