Roberto Cabellud regresa ao Dépor para facerse cargo da área Condicional do Club
Roberto Cabellud Lasierra (Huesca, 31 de marzo de 1975) regresa ao Deportivo como responsable da Área Condicional do Club, un departamento de vital importancia estratéxica que supervisará a preparación física de todos os equipos e por suposto a do primeiro equipo masculino.
Será a súa segunda etapa no Dépor posto que xa formou parte do corpo técnico de Víctor Fernández na temporada 2014-15 en Primera División.
Roberto Cabellud é licenciado en Educación Física con posgrao no alto Rendemento Deportivo no COE de Madrid. Ademais é Técnico Deportivo en Fútbol (Nivel II) cun posgrao en Rehabilitación de Lesións Deportivas.
A maior parte da súa carreira profesional desenvolveuna entre o Real Zaragoza e a SD Huesca aínda que tamén pasou por clubs como a UD Almería ou o CD Tenerife.
Con ampla experiencia no fútbol español, Roberto Cabellud, ademais de traballar con Víctor Fernández, tamén formou equipo con técnicos como Manolo Vilanova, Juan Antonio Anquela, Fabri González, Antonio Calderón, José Aurelio Gay, Jorge D'Alessandro, Pablo Alfaro ou Joseba Etxeberría, entre outros.