O "Día DÉ..." no Dépor - Sporting de Gijón, dedicado aos Veteranos do RC Deportivo
Para o partido ligueiro en ABANCA-RIAZOR do Dépor este domingo 24 de novembro ás 16:15 ante o Sporting de Gijón, o RC Deportivo consignará "O Día DÉ..." aos Veteranos do Club. Por medio desta proposta, destinaranse 24 prazas do Palco de Honra do Estadio á Asociación de Veteranos que preside Manuel Ríos Quintanilla 'Manolete'.
En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.