RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

Yeremay e ADT recibiron o premio ao Xogador Estrella do pasado mes de outubro do Dépor e Dépor ABANCA

Yeremay Hernández Cubas (10 de decembro de 2002, Las Palmas) e Ana Lucía de Teresa Romeu (Eivissa, Baleares, 5 de novembro de 2001), máis coñecida como ADT, recolleron esta mañá na sala de prensa de Abegondo de mans de Gustavo Galván, promotor de vendas de Estrella Galicia, o premio ao xogador Estrella Galicia do mes de outubro no seu equipo polas súas actuacións nos partidos de liga ante o Málaga CF, Elche CF, CD Eldense, Levante UD e Real Racing Club no caso de Yeremay; e Levante Las Planas FC, Madrid CFF e SD Eibar, no caso de ADT.

A terna de finalistas elixidos polos medios de comunicación que cobren a diario a información dos dous equipos branquiazuis foron a formada por Yeremay, Mella e Dani Barcia no caso do Dépor; e ADT, Millene e Inês Pereira no caso do Dépor ABANCA.

Nas votacións finais a cargo de #ANOSAFORZA a través das redes sociais do Club, Yeremay foi o elixido no primeiro equipo masculino co 68,9 % dos votos dos afeccionados, por 23,3 % de Dani Barcia e 7,8 % de Dani Barcia. No apartado feminino, ADT impúxose por un axustado 42,2 % por 38,8 % para Inês Pereira e 19 % de Millene.

Yeremay quixo "dar as grazas a todos: a #ANOSAFORZA por votar. Estes premios sempre están ben recibilos, e a min gústame recibilos e gardalos porque para o xogador é importante cando fai as cousas ben".

Pola súa banda, ADT tamén agradeceu "aos afeccionados polos votos. O equipo vai en bo camiño a pesar de que os resultados non van acompañando. Estamos todas confiadas en que as cousas van saír ben".