RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

Un Dépor con deuda cero e fóra do concurso de acredores

Un futuro magnífico a nivel económico preséntase para o Club coincidindo ademais co retorno dos seus dous primeiros equipos, o masculino e o feminino, ao fútbol profesional.

Por primeira vez na súa historia, a partir do 1 de xullo o RC Deportivo quedará libre de débeda.

Ademais, o Club sairá do Concurso de Acredores nin máis nin menos que con 24 anos de adianto, unido a un proceso de recapitalización da entidade.

Así pois, o RC Deportivo mira ao futuro con optimismo sustentado cunha saúde financeira óptima; e apoiado nun plan estratéxico a longo prazo e un megaproxecto de Cidade Deportiva que a recado será un exemplo para o fútbol europeo.

Estes foron os principais fitos relacionados co aspecto económico: 

-Un Club libre de débeda por primeira vez na historia e cunha saúde financeira óptima
-Saída do Concurso de Acredores con 24 anos de adianto
-Proceso de reequilibrio patrimonial
-Creación dun plan estratéxico a longo prazo  
-Contratación dun sistema de xestión de gastos 
-Implementación dunha plataforma innovadora e transparente para a xestión de recursos humanos
-Megaproxecto da Cidade Deportiva de Abegondo, que transformará a nosa Cidade Deportiva nunha das mellores e máis modernas instalacións deportivas de España. Un ambicioso proxecto que será eixo fundamental do gran plan estratéxico do Club.