Pablo Muñoz foi sometido esta mañá a probas médicas no Hospital QuirónSalud A Coruña para ditaminar o alcance exacto das molestias coas que finalizou o partido de Copa do pasado mércores en Langreo.
Os Servizos Médicos do RC Deportivo confirmaron que o atacante deportivista sofre unha lesión na musculatura isquiotibial da súa perna esquerda.
Pablo Muñoz estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En canto a súa evolución o permita, pasará á fase de readaptación física supervisada polo readaptador Alejandro Canosa, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.