RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
DÉPOR ABANCA A

Parte médico de Sara Debén

Sara Debén foi sometida a probas médicas para ditaminar o alcance exacto das molestias que arrastraba na súa perna dereita.

Os Servizos Médicos do Club confirmaron unha lesión muscular no cuádriceps.

Por conseguinte, Sara Debén estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, pasará á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.