RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Pleno de vitorias hoxe sábado en ANOSACANTEIRA e calendario de mañá domingo, co Fabril en Abegondo e o Xuvenil B en Bertamiráns

O partido destacado da xornada desta semana en ANOSACANTEIRA é o do Fabril, que recibe en Abegondo mañá domingo 17 ás 16:00 (YouTube RC Deportivo) ao Coruxo FC.

Os fabrilistas, despois de 4 vitorias consecutivas, son terceiros na táboa con 19 puntos.

Manuel Pablo conta con até 9 ausencias nas súas filas. Mardones, Álex Pereira, Quique Teijo e Noé están lesionados. A maiores, Kevin Sánchez, Alfaro, Samu, Pablo García e Guerrero viaxaron co primeiro equipo a Almería.

O filial si que recupera a Jaime Garrido, superada a súa lesión muscular.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar as localidades e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.

Está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Completa a xornada do domingo o Xuvenil B, líder da Liga Nacional con 1 punto de vantaxe sobre o RC Celta B e o Pabellón Ourense CF. Os branquiazuis visitan ao Bertamiráns FC a partir das 11:15.

A fin de semana arrincou hoxe sábado, con pleno de vitorias.

Na Cidade Deportiva o Cadete, 2º na División de Honra, goleou ao Coruxo FC (8-0) e o Xuvenil A, líder da súa categoría, ao CD Covadonga (6-2). Ambos os partidos disputáronse no campo de herba sintética da Cidade Deportiva recentemente inaugurado.

No Monte, o San Tirso SD Infantil, na zona alta da División de Honra, dobregou (4-0) ao CD Areosa.

Fóra de casa o San Tirso SD Cadete impúxose con autoridade ao CD Conxo Santiago na Merced (0-7) mentres que o Infantil, máis líder da División de Honra após a súa vitoria a pasada fin de semana en #ONOSODERBI, venceu (3-4) a un dos rivais da zona alta, o AJ Lérez, cun gol de Thiago Caamaño no último minuto.

Finalmente en fútbol 8 a xornada dos equipos deportivistas de mañá domingo 17 foi suspendida pola folga dos traballadores de conserxería das instalacións municipais da Coruña.

Dos 4 partidos previstos, o do CD Calasanz - Fabril FC Alevín xa se programou para o martes 19 de novembro ás 19:00 en Abegondo.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
12ª xornada: FABRIL - CORUXO FC, mañá domingo 17 de novembro ás 16:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 11ª xornada: XUVENIL A 6 (Rubén Fernández -3-, Lucas e Nico -2-) - CD COVADONGA 2

Liga Nacional, 11ª xornada: BERTAMIRÁNS FC - XUVENIL B, mañá domingo 17 de novembro ás 11:15 no Municipal de Bertamiráns

Categoría cadete
División de Honra, 10ª xornada: CADETE 8 (Sabino, Borja -3-, Antón, Nico Martínez, Roi e un futbolista do rival en propia meta) - CORUXO FC 0
División de Honra, 10ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 0 - SAN TIRSO SD CADETE 7 (Nikolay -2-, Nico Giovanni -2-, Daniel, Raúl e Gandarela)

Categoría infantil
División de Honra, 9ª xornada: AJ LÉREZ 3 - INFANTIL 4 (Hugo Caridad -3- e Thiago Caamaño)
División de Honra, 9ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Hugo Macedo -2- e Mario González -2-) - CD AREOSA 0

Categoría alevín
Primeira A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 4ª xornada: ALEVÍN A - URAL ESPAÑOL CF, suspendido
Primeira A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 4ª xornada: CD CALASANZ - FABRIL FC ALEVÍN, o martes 19 de novembro ás 19:00 en Abegondo

Categoría benxamín
Primeira A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 4ª xornada: BENXAMÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, suspendido 
Primeira A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 4ª xornada: OZA JUVENIL SD - FABRIL FC BENXAMÍN, suspendido