O Cadete A medirase esta semana Santa ao Real Madrid e ao anfitrión Stadium Casablanca na 32ª edición do Torneo CesarAugusta Trofeo Tomás Martín, competición que se desenvolverá nas instalacións do club Stadium Casablanca de Zaragoza.
O calendario de partidos da Primeira Fase para o Cadete A é o seguinte:
Xoves 29 de marzo
12:00: CADETE A - STADIUM CASABLANCA
Venres 30 de marzo
12:00: REAL MADRID - CADETE A
O primeiro clasificado xogará a final contra o primeiro do outro grupo. Os segundos de cada grupo pelexarán polo terceiro e cuarto posto; e os terceiros, pola 5ª ou 6º praza. Todo iso entre o sábado 31 pola tarde e a mañá do domingo 1 de abril.
Tres equipos branquiazuis compiten na prestixiosa Oviedo Cup
O Xuvenil B, o Cadete e o Infantil do Deportivo competirán na prestixiosa Oviedo Cup 2018.
Na Primeira Fase, o Xuvenil B terá como rivais ao Atlético Avilés, Japan United (Xapón), Condal FC e NeuroFútbol, con este calendario:
Xoves 29 de marzo
15:30: ATLÉTICO AVILÉS - XUVENIL B (no campo Mundial 82 de Mieres)
17:30: XUVENIL B - JAPAN UNITED (no campo Mundial 82 de Mieres)
Venres 30 de marzo
13:45: XUVENIL B - CONDAL CF (no campo de Güelito de Noreña)
20:45: NEUROFUTBOL - XUVENIL B (no campo de Güelito de Noreña)
Os dous primeiros clasificados clasifícanse para a Oviedo Cup Ouro; o 3º para a Oviedo Cup Prata; e o 4º e 5º para a Oviedo Cup Bronce. Todas estas fases polo sistema de eliminatoria.
En categoría cadete, CD Covadonga, Rayo Alcobendas, CD Quirinal e Faro B serán os rivais do Deportivo.
O seu calendario da Primeira Fase é o seguinte:
Xoves 29 de marzo
15:30: COVADONGA - CADETE (no campo dos Castañales - Luis Oliver de Oviedo)
17:30: CADETE - RAYO ALCOBENDAS (no campo dos Castañales - Luis Oliver de Oviedo)
Venres 30 de marzo
10:30: CADETE - QUIRINAL (no campo de Güelito de Noreña)
16:30: FARO B - CADETE (no campo dos Castañales - Luis Oliver de Oviedo)
Os dous primeiros clasificados clasifícanse para a Oviedo Cup Ouro; o 3º para a Oviedo Cup Prata; e o 4º e 5º para a Oviedo Cup Bronce. Todas estas fases polo sistema de eliminatoria.
Finalmente, en infantís, o Infantil branquiazul medirase en primeira instancia ao Spanish SD Dubai, Nuevo Bobadilla, San Claudio, Santa Marta e ao campión da Fase Previa.
O calendario do equipo deportivista é o seguinte:
Xoves 29 de marzo
15:30: GAÑADOR FASE PREVIA - INFANTIL (no campo dos Castañales - JA Rabanal de Oviedo)
17:30: INFANTIL - SPANISH SD DUBAI (no campo dos Castañales - JA Rabanal de Oviedo)
Venres 30 de marzo
13:45: NUEVO BOBADILLA - INFANTIL (no campo Díaz Vega de Oviedo)
19:45: INFANTIL - SAN CLAUDIO (no campo de Güelito de Noreña)
Sábado 31 de marzo
09:30: SANTA MARTA - INFANTIL (no campo do Cristo de Oviedo)
Os dous primeiros clasificados clasifícanse para a Oviedo Cup Ouro; o 3º e 4º para a Oviedo Cup Prata; e o 5º e 6º para a Oviedo Cup Bronce. Todas estas fases polo sistema de eliminatoria.
Tripla representación deportivista no Mundialito de Costa Daurada
Tres equipos do RC Deportivo representarán ao Club no Mundialito de Costa Daurada, que se xogará na modalidade de fútbol 7: Alevín A, Alevín B e Benxamín B.
En categoría alevín, o Alevín A quedou encadrado no grupo 41 co CF Vila-seca, San Pedro y San Pablo, Sogima (Brasil), Moderation Inc 2 (Xapón) e CFJFS (Mauritania).
O calendario de partidos da Primeira Fase é o seguinte:
Domingo 25 de marzo
09:00: ALEVÍN A - CF VILA-SECA (en Vila-Seca)
Luns 26 de marzo
09:00: MODERATION INC 2 - ALEVÍN A (La Floresta)
15:00: SAN PEDRO Y SAN PABLO - ALEVÍN A (La Floresta)
Martes 27 de marzo
12:00. ALEVÍN A - SOGIMA (en Cambrils)
Mércores 28 de marzo
11:00: ALEVÍN A - CFJFS (La Floresta)
Se o Alevín A é primeiro ou un do catro mellores segundos dos 12 grupos pasa a unha Fase Ouro. En caso de finalizar en terceira ou cuarta posición, accede a unha Fase de Prata. E se acaba quinto ou sexto xogará unha Fase 'Fair Play'. Todas elas baixo o sistema de eliminatoria.
Pola súa banda, o Alevín B quedou encadrado na Primeira Fase no grupo 33, con estes rivais: AD Salou, Arlington (USA), Gimnastic de Manresa e UFC Cambrils.
O calendario de partidos é o seguinte:
Domingo 25 de marzo
11:00: ALEVÍN B - UD SALOU (en Salou)
Luns 26 de marzo
11:00: GIMNASTIC DE MANRESA - ALEVÍN B (en Cambrils)
Martes 27 de marzo
09:00: UFC CAMBRILS - ALEVÍN B (La Selva del Camp)
15:00: ALEVÍN B - ARLINGTON (La Floresta)
Se o Alevín B é primeiro ou segundo pasa a unha Fase Ouro. En caso de finalizar en terceira ou cuarta posición, accede a unha Fase de Prata. E se acaba quinto xogará unha Fase Bronce. Todas elas baixo o sistema de eliminatoria.
Finalmente, o Benxamín B medirase na Primeira Fase, no grupo 15, ao UCF Cambrils 1, CE Santes Creus, CF La Selva del Camp e ao USA IFC East (USA), con este calendario:
Luns 26 de marzo
12:00: BENXAMÍN B - UFC CAMBRILS 1 (en Cambrils)
Martes 27 de marzo
11:00: CE SANTES CREUS - BENXAMÍN B (en Cambrils)
Mércores 28 de marzo
10:00: BENXAMÍN B - CF LA SELVA DEL CAMP (La Selva del Camp)
16:00: USA IFC EAST - BENXAMÍN B (en Cambrils)
Se o Benxamín B é primeiro ou un dos dous mellores segundos dos 6 grupos pasa a unha Fase Ouro. En caso de finalizar en segunda posición (non sendo un dos dous mellores) ou ser un dos catro mellores terceiros, accede a unha Fase de Prata. E se acaba como quinto ou sexto mellor terceiro ou en cuarta posición, xogará unha Fase Bronce. Todas elas baixo o sistema de eliminatoria.
O Infantil A, á terceira edición da 'miBalón Internacional Cup'
O Infantil A do Deportivo participará na terceira edición da 'miBalón Internacional Cup', que se xogará na localidade alacantina de Teulada.
O calendario da Primeira Fase para o conxunto que prepara Iván Vázquez é o seguinte:
Venres 30 de marzo
17:00: INFANTIL A - GETAFE
20:00: SELECCIÓN TEULADA - INFANTIL A
Sábado 31 de marzo
14:00: VILLARREAL - INFANTIL A
Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais, que se xogan a continuación; e o resto xogará unha Fase de Consolación para ditaminar a posición final no torneo.
Atlético de Madrid, Espanyol e Parquesol, rivais do Benxamín A na Íscar Cup 2018
Como é tradicional, o Benxamín A do Deportivo xogará a Íscar Cup, torneo que se disputa na localidade valisoletana de Íscar.
Na Primeira Fase, o equipo que prepara Pablo Barros quedou encadrado no grupo 2, co Atlético de Madrid, Espanyol e CD Parquesol de Valladolid.
O calendario é o seguinte:
Xoves 29 de marzo
10:15: ESPANYOL - BENXAMÍN A (campo Medina artificial 1)
13:15: ATLÉTICO DE MADRID - BENXAMÍN A (campo Medina natural)
18:15: PARQUESOL - BENXAMÍN A (campo Medina artificial 1)
O partido ante o Atlético de Madrid será retransmitido en directo por Gol.
Os dous primeiros de grupo, ademais do mellor 3º dos 7 grupos, accederán a oitavos de final, que se xogarán o venres 30. Os demais equipos pasan a unha Fase de Consolación, tamén ese mesmo día.