RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ORZÁN SD

Segundo triplete consecutivo de Ariana Barros que permite seguir sumando ao Orzán SD Infantil B Femenino

Un segundo triplete consecutivo de Ariana Barros (na foto na fila de arriba a terceira futbolista empezando pola esquerda), após o da pasada fin de semana ante o UC Cee, permite ao Orzán SD Infantil B Femenino rabuñar un punto na súa visita ao Sporting Burgo (3-3), en partido correspondente á 18ª xornada no subgrupo 1º da Liga Galega.

Con este resultado, o conxunto de Alejandro Martín suma 11 puntos na 12ª posición da táboa.

Orzán SD Infantil B Femenino: Aldara Crespo, Carla Diéguez, Noa Morás, Antía Calvete, Alma Comesaña, Inés Novo, Claudia Casas, Sofía Asensio, Blanca Suárez, Sarai Brenda e Ariana Barros. Tamén xogaron: Irene Quintián, Sabela Paris, Carlota Porteiro, Amaya Wirtz e Rocío Bejarano.

Esta fin de semana non haberá competición. Así pois, a próxima cita para o Orzán SD Infantil B Femenino en liga será o sábado 17 ou domingo 18 de febreiro na Coruña ante o SCD Pastoriza.

Os resultados até a data do Orzán SD Infantil B Femenino son os seguintes:

Orzán SD Infantil B Femenino 0 - Victoria CF 10
UC Cee 4 - Orzán SD Infantil B Femenino 1 (Ariana Barros)
Orzán SD Infantil B Femenino 0 - Sporting Burgo 5
SCD Pastoriza 7 - Orzán SD Infantil B Femenino 0
Orzán SD Infantil B Femenino 0 - SCD Milagrosa 3
Orzán SD Infantil A Femenino 4 - Orzán SD Infantil B Femenino 1 (Ariana Barros)
Victoria FC 6 - Orzán SD Infantil B Femenino 0
Torre SD 2 - Orzán SD Infantil B Femenino 3 (Ariana Barros, Sarai Brenda e Alma Comesaña)
Orzán SD Infantil B Femenino 1 (Claudia Casas) - AD Cristo Rey 1
Antas SD 4 - Orzán SD Infantil B Femenino 1 (Sofía Asensio)
Orzán SD Infantil B Femenino 0 - Arzúa FCF 1
Atlético Arteixo 3 - Orzán SD Infantil B Femenino 1 (Inés Novo)
Orzán SD Infantil B Femenino 1 (Claudia Casas) - Club Rosalía Mera 0
Racing de Ferrol 3 - Orzán SD Infantil B Femenino 0
Victoria CF 10 - Orzán SD Infantil B Femenino 0
Orzán SD Infantil B Femenino 3 (Ariana Barros -3-) - UC Cee 0
Sporting Burgo 3 - Orzán SD Infantil B Femenino 3 (Ariana Barros -3-)