RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
CADETE A

Traballada vitoria do Cadete en Abegondo ante un bo CD Conxo Santiago

O Cadete dobregou (2-1) en Abegondo ao CD Conxo Santiago en partido correspondente á 6ª xornada na División de Honra.

Os santiagueses presentáronse na Cidade Deportiva con pleno de vitorias nos 5 primeiros partidos, como os branquiazuis, e plantaron firme resistencia.

Miguel de Labra adiantou ao equipo que dirixe Daniel González aos 10 minutos de xogo pero empatou o CD Conxo Santiago pasada a media hora.

Após o descanso, decidiu o choque un tanto de Guille na recta final (minuto 75) e, con iso, 3 valiosos puntos para seguir unha xornada máis no liderado.

Con este resultado, o Cadete suma 18 puntos de 18 posibles, os mesmos que o RC Celta.

Cadete: Rodrigo, Guille, Jorge, Pablo Campo, Íker Fernández, Abel, Leandro, Mosquera, Miguel de Labra, Trillo e Janusz. Tamén xogaron: Frank, Balbas, Yago e Diego.

Este pasado mércores, os branquiazuis Íker Fernández, Janusz, Nico Ruiz, Pablo García (este en dinámica do Xuvenil A), Rodrigo e Leandro estiveron coa selección galega sub-16 nun partido amigable no campo de Valiño de Boiro ante o CD Boiro de Liga Nacional xuvenil.

A próxima semana, o Cadete visitará ao CD Lugo.

Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:

ED Val Miñor Nigrán 1 - Cadete 3 (Trillo, Miguel de Labra e Diego)
Cadete 3 (Janusz, Yago e Trillo) - Coruxo FC 1
Ural Español CF 0 - Cadete 5 (Mosquera -2-, Miguel de Labra, Pablo Campo e Yago)
Cadete 8 (Miguel de Labra -3-, Mosquera, Leandro, Carballeira e Diego) - Salgueiriños FC 1
UD Ourense 3 - Cadete 5 (Miguel de Labra -2-, Trillo, Janusz e Leandro)
Cadete 2 (Miguel de Labra e Guille) - CD Conxo Santiago 1