RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

A deportivista María Méndez concéntrase hoxe luns coa selección española sub-19

A xogadora do Deportivo ABANCA María Méndez está convocada pola selección española sub-19 para disputar o Minitorneo de clasificación para o Campionato de Europa da categoría.

Dita competición xogarase en Reikiavik (Islandia) do luns 30 de setembro ao mércores 9 de outubro próximos.

O equipo nacional realiza unha concentración previa en Las Rozas (Madrid) desde hoxe luns 23 ao mércores 25 de setembro.

O calendario de partidos da selección española é o seguinte:

Mércores 2 de outubro
17:00: ESPAÑA - KAZAJISTÁN, no Estadio Hlíoarendi

Sábado 5 de outubro
14:00: ESPAÑA - GRECIA, no Estadio Víkingsvöllur

Martes 8 de outubro
17:00: ISLANDIA - ESPAÑA, no Estadio Hlíoarendi

María Méndez incorporarase á selección após visitar co Deportivo ABANCA ao Athletic Club o domingo 29 de setembro ás 16:00 horas en Lezama; e chegará a tempo para a seguinte cita ligueira, a visita a Abegondo do Rayo Vallecano do domingo 13 de outubro.

María Méndez é unha das deportivistas internacionais nas categorías inferiores da selección española, do mesmo xeito que Teresa Abelleira, Sara Álvarez ou Carlota Sánchez; o cadro branquiazul conta ademais con tres internacionais venezolanas en categoría absoluta: Kika, Gaby e Michelle Romero.