RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

A Deputación e o RC Deportivo alíanse para promocionar a provincia da Coruña como destino turístico

A Deputación da Coruña e o RC Deportivo fixeron pública esta mañá no Estadio ABANCA-RIAZOR a súa nova alianza para promocionar a provincia da Coruña como destino turístico.

O presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso, e o presidente do RC Deportivo, Álvaro García Diéguez, presentaron a nova colaboración nun acto conxunto coa alcaldesa da cidade, Inés Rey, e en presenza dun “once” blanquiazul formado por seis xogadoras e cinco xogadores deportivistas, para destacar o apoio en igualdade da Deputación tanto ao equipo masculino como ao feminino, o Deportivo ABANCA.
 
O logo da entidade provincial estará presente nas perneiras das equipacións de ambos equipos xunto co lema “A Coruña, unha provincia por descubrir”, unha presenza que se estenderá tamén en diferentes formatos de publicidade de promoción institucional dentro do estadio e nas instalacións e eventos do Club deportivista.

Esta nova alianza estreita os lazos entre o RC Deportivo e as institucións coruñesas, unhas relacións que se reforzan de cara á nova temporada, tal e como apuntou o presidente, Álvaro García Diéguez, no seu discurso de toma de posesión. Ademais, o club aportará a súa pegada no territorio e o seu impacto social no terreo deportivo para promocionar a provincia coruñesa dentro e fóra de Galicia durante todo o curso 2023/2024.