O "Día DÉ" fronte ao Racing de Ferrol, dedicado aos Socios de Ouro
O RC Deportivo continuará coa iniciativa "O Día DÉ" no encontro en ABANCA-RIAZOR do próximo domingo 1 de setembro fronte ao Racing de Ferrol. A través desta proposta, ábrese o Palco de Honra do Estadio a #ANOSAFORZA e á cidadanía. Nesta ocasión será "O Día DÉ Socios de Ouro", no que o Club convidará a 9 socios con máis de 50 anos de compromiso co club.
En cada partido en ABANCA-RIAZOR esta temporada, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.