RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

Abertos os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor este sábado a partir das 13:15

Este sábado 19 de outubro, día do partido ante o CD Eldense en ABANCA-RIAZOR (16:15), abrirán os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 13:15 horas.

Está á venda as entradas de público para o citado partido, correspondente á 10ª xornada; para o do domingo 27 de outubro ás 16:15 fronte ao Racing de Santander da 12ª xornada; e para o do luns 11 de novembro fronte á SD Eibar, correspondente á 14ª xornada.

Para o conxunto levantino, os prezos oscilan entre os 120 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 25 euros de Marathón Superior, Marathón Inferior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior. 

No caso do partido ante os cántabros, os prezos van desde os 150 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 40 euros de Marathón Superior, Marathón Inferior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior.

E no caso do encontro ante os eibarreses, os prezos van desde os 120 euros da Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 20 euros de Marathón Superior, Marathón Inferior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior.

En Marathón Inferior as entradas son nominativas. Por conseguinte, aqueles abonados que queren comprar unha entrada de público para a dita bancada teñen que facelo de maneira presencial na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) presentando o DNI da persoa abonada. 

As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos, en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR, nesta ligazón.