RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

Á venda na OAD para os abonados as entradas para o Levante UD - Deportivo

Desde hoxe martes 15 de outubro están á venda na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) do Estadio de ABANCA-RIAZOR na Avenida da Habana s/n as entradas para os abonados que desexen animar ao Deportivo o vindeiro xoves 24 de outubro ás 19:00 no Ciutat de València ante o Levante UD.

Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas (até 2 por abono) indique nome e apelidos; DNI, copia ou imaxe, de cada persoa que as vai a utilizar, e que unha delas pertenza á persoa titular do abono; e un correo electrónico para o que o Levante UD envíe as entradas.

O club levantino asignou un total de 405 localidades na bancada visitante ao prezo de 20 euros. O 40% das mesmas, un total de 162, serán xestionadas pola Federación de Peñas.

A data límite será o xoves 17 de outubro ás 19.00. O horario da OAD hoxe martes, mañá mércores e o xoves é de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.