RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Elena Vázquez arrinca esta noite ante Estados Unidos o Mundial sub-17

-Foto:@rfef.es

 

Elena Vázquez representa ao Deportivo ABANCA no Campionato do Mundo sub-17 que arrinca esta noite ante Estados Unidos ás 22:00 horas (hora galega) no Estadio Olímpico Félix Sánchez de Santo Domingo (República Dominicana).

A futbolista branquiazul leva uns días xa concentrada coas súas compañeiras no país caribeño e participou nun amigable ante Xapón saldado con triunfo español por 3-1.

A canteirá deportivista arrincou o choque ante as nipoas no banco e relevou a Nerea Carmona no minuto 65.

O combinado nacional quedou encadrado no grupo B e terá como rivais na Primera Fase, ademais do equipo estadounidense, á República de Corea e a Colombia.

O calendario de partidos é o seguinte:

Mércores 16 de outubro
22:00 (hora galega): ESPAÑA - ESTADOS UNIDOS, no Estadio Olímpico Félix Sánchez de Santo Domingo

Sábado 19 de outubro
22:00 (hora galega): ESPAÑA - REPÚBLICA DE COREA, no Estadio Olímpico Félix Sánchez de Santo Domingo

Martes 22 de outubro
22:00 (hora galega): COLOMBIA - ESPAÑA, no Estadio Olímpico Félix Sánchez de Santo Domingo

A selección española sub-17 é a vixente campioa de Europa nun torneo no que participou outra deportivista, Lucía Rivas, que se recupera dunha lesión de xeonllo.

As Nosas consolídanse como un viveiro para as categorías inferiores da selección española posto que, ademais de Elena Vázquez e Lucía Rivas, Olaya e Marina Artero acaban de regresar do Mundial sub-20; a propia Marina é campioa de Europa sub-19; Antía Veiga estivo nuns adestramentos coa selección española sub-16; e Claudia Sande participou noutra concentración coa sub-15. Finalmente Dunia Dahmouni acaba de recibir a chamada da selección marroquí sub-20.